Latest News

Quen somos.

O presente blogue foi deseñado no marco dun grupo de traballo formado por profesorado de filosofía, lingua e literatura e historia. O obxectivo é o achegamento desde diferentes materias á figura de Concepción Arenal Ponte, coa fin de facilitar un entorno de aprendizaxe colaborativo, aportando actividades para desenvolver nas aulas e fóra delas.

A nosa proposta didáctica pretende abordar a figura dunha muller esencial e non suficientemente valorada en todos os ámbitos nos que traballou. Testemuña dun século historicamente convulso, pensadora infatigable na defensa dos dereitos dos menos favorecidos, teórica do dereito penal, defensora da renovación pedagóxica que se viviu no seu tempo, escritora e precursora das reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres. O noso interese é que a presente proposta didáctica interdisciplinar se vaia enriquecendo coas aportacións de todas as persoas que a poñan en práctica.

Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

200 aniversario

El Consejo General del Trabajo Social con motivo del 200 aniversario del nacimiento de Concepción Arenal presenta una nueva publicación "Concepción Arenal. Reformadora Moral y Social desde la Compasión".